Íscalle Lingua

De Jalisia ó estranxeiro.

Teatro en Galego

Filed under: Lingua,Teatro — 2 de Agosto de 2013 @ 1:47 p.m.

A día de hoxe a miña persoa está indignada pola pouca cultura teatral que ten o pobo galego. Unha cultura tan importante e necesaria, apenas presente. A maiores, estás difusas manifestacións presentes no pobo son erróneas, fictizas e idealizadas. Onde quedou o teatro puro e verdadeiro? Todo vendido por feixes de cortiza manufacturada. É por iso que eu propoño ir achegando a este blog os meus saberes mínimos, e os que vaia adquirindo na miña aprendizaxe. Un saber profesional e técnico; sí, pero de seguro que útil, interesante, curioso ou inservible para quen lle resulte lexible.

A primeira persoaxe que gostaría acercar as vosas vidas é Grotowski. Do cal ando a ler un libro que semella proveitoso, xa vos contarei.

Desgana para facer o que gusta.

Filed under: Álex e as súas cousas — 2 de Agosto de 2013 @ 1:31 p.m.

Vasme a dicir que nunca che pasou o feito de ter paixón por facer algo pero non tes gana de facelo? Xa sei que é un sentimento moi hipócrita, confuso, e que quizais non exista. Mais está é a miña maneira de expresar o que sinto.

Entón… sinto algo? Alégrame sabelo, aínda que non sexa un sentimento moi pro. O pouco que sinto da vida perciboo de forma banal. Lonxe están os intres que recordo como vividos, escasos e raros, pero intensos. Un quedo virus en verán. Só sentíndose vivo cando algo ou alguén deixa que o esperte; Hai que ver o que me move o arte! Logo… por que non montar unha escea? Por que non tocala tuba? Por que non interactuar máis con esa xente? Que gran idea! TODO, solucións…

Mais a desgana, pode con todo. Faite virus quedo sen reloxo nen calandario. E así morreu Xan D’outeiro, tranquilo, e caghando. Será todo mentira? Por iso a desgana trunfa en espadas e gaña ás solucións… ou será que as solucións non teñen as cartas axeitadas e hai que esperar a seguinte ronda para atopar o ás e matar o tres. Ben. Agora hai 2 saídas. Só fai falla coller unha. Con 17 anos un está acostumado pero…

O exceso é do peoriño…basta de pensar!!! Actuar para adiante coa cultura da experiencia e coller sempre o camiño máis difícil. Foi así como loitei para ter feito todo o que hoxe en día me fai estar orgulloso do pasado. Pecha os ollos e berra porque o futuro estamparase nas túas napias en

Búscase a ilusión de Álex Castiñeiras

Filed under: Álex e as súas cousas — 18 de Agosto de 2012 @ 11:29 a.m.

Que é  a ilusión? A ilusión por algo, estar ilusionado, que é?  Según o dicionario unha ilusión é algo irreal, sen forma e que nos engana. Estar ilusionado é sentir ganas por que algo se realice. É esperar que ese algo che dea algo bo, que te faga sentir ben. Algúns din que a ilusión por alguén é o paso ao enamoramento. Mais eu penso que é un paso previo, que despois se une ao andar do enamoramento. Facendo asi, un ritmo compracente de corcheas, que te acompaña ata que o camiño se acaba.

A ilusión recorre un camiño co meu corazón. A todos nos pasa. Van marcando ese ritmo de corcheas durante toda a vida. Dependen un do outro. Se a ilusión se perde, de que vale que o corazón siga o camiño el só? Non vale de moito. Só para que estas verbas e outras sexan plasmadas no iscallelingua do blogaliza ata que o rego do olvido me leve xunto aos que “dormen” día a día.

Sinto que o corazón segue por un camiño sen razón de ser. Sen a razón que lle dá a ilusión. Cando notes que as pequenas ilusións diarias se esvaecen, REACCIONA! Non permitas que a ilusión se acabe de marchitar. Porque a última ilusión que se vai é a da vida. Ilusión por vivir. Se esa marcha……todo o malo que superaches volve. Non hai nada peor que sentir esta dor no peito. Esa dor que creia superada fai tempo, volveu. Esa dor que me fai sentir arrimado ao rego do olvido. Que se presenta inesperadamente  mentres disfruto ceando algo no “Galicia”  con Natalia, Noemi e Belén; ou mentres toco coa banda nunha noite estrelada en Sarandón. E iso faime sentir mal e ponme ao borde do rego.

Non sei porque a ilusión marchou e deixou só na súa andanza ao corazón. El só, marcando un ritmo como a contratempo, non pode seguir moito máis tempo adiante. E esta dor que sustituiu á ilusión nin moito menos lle axuda a seguir adiante. Fréao. Coma miña avoa me frea cando ando coa lengua solta.

Non hai ilusión, pero si hai desexo de que este verán acabe e a caida das follas deixe un chan fértil para que nazca unha nova vida, pero sempre mantendo as características que antes posuia a especie.

 

Comúns a nivel terrestre

Filed under: Álex e as súas cousas — 5 de Agosto de 2012 @ 7:10 p.m.

Despertas. Xa son as 11:30, coma sempre. Levantaste e vas ao baño dando tumbos, dudando de se acabas de chegar dun festa ou se te acabas de levantar. Pasas por diante da cociña e túa nai saúdate cun enerxético “Bos días”, pero ti xa fas coma teu pai e pasas de todo. Arrímaste uns 5 segundos a mesa de mármore e poste a contemplar o mundo que te rodea, como se foras un recén nado que ve todo por primeira vez. Logo enfríache o cu e volves para a habitación. Meteste debaixo das mantas que quedaron encima da cama despois do furacán que veu de noite, e que aínda conservan ese punto morno e agradábel que só se logra ao durmir pola noite. Quedas expectante. Deixas que a túa mente viaxe á deriva como unha folla de outono o fai polo río que pasa polo Pontillón (Asi lle chaman os vellos da miña aldea, inda que creo que nunca escribiron semellante nome!) Na túa viaxe está todo en branco, pero deseguida comezan a aparecer cousas. Un tsunami de ideas que abranguen o teu cerebro a esa mala hora da mañán, e fan que non te enteres nin do que pensas. Pero coma sempre, alguén ou algo é diferente e destaca. Postea pensar nea idea. Daslle voltas e poste a darlle forma. Mais non se ve claro…Acéndeseche o led que tes na cachola! E sen querer o tue corpo xa se pon a traballar para cumprir o obxetivo. Colles o portátil que che regalaron un día despois de “Que é o que pasa a un día de cumplir os 16?”. O que tiña pensado o cerebro interrumpese pola tentación. A tentación de matar o gusanillo dos donuts que non fai mais que revulir nos anuncios. Abres o tuenti. Oh! Hoxe é o cumple de Belén. Que porcos os da Paris que non lle fixeron a dedicatoria…Felicítala cun “Moitas felicidades !!” Sendo seu amigo vai cousa tan sosorria! Pero o cerebro está alerta por ir facer o que se lle ocorreu ao led. E agora inda está máis extrovertido tras ver o chat do tuenti e que non pasara nada. Necesita plasmarse nunha linguaxe que o resto dos cerebros entendan. Vas ao blogaliza.org e entras en iscallelingua. Bonito nome se lle ocorreu á miña compañeira de blog e amiga Noemi. Esperade que vou ao médico e volvo despois…

 

Despois de 6 horas xa estou aquí! Tedes que perdoar non teño boas novas do médico :S Por certo! Espera un segundo, a miña idea era plasmar as miñas emocións que tiña pola mañán, mais emocioneime tanto no principio… que xa non tería sentido contarvos o que sentía… Mellor falamos no próximo artigo, que as noticias do médico deixaronme inda máis tocado do que estaba e non teño ganas de seguir a escribir.

Que é o que pasa a un día de cumplir os 16?

Filed under: Álex e as súas cousas — 29 de Xullo de 2012 @ 5:30 p.m.

Que é o que pasa? Nada é suficiente? Logras o que querías e ala, xa esta, acabouse todo. Canto máis logras menos feliz eres. Onde vai o sentimento de autorealización? Ese sentimento que che fai sentir que o que fas vale a pena. Que fas as cousas por un fin e ese fin é útil. Porque a min non me pasa iso? Son un ser humano…non? Debería de poder sentir o mesmo que sinten os demais. Pero as cousas son moito máis complexas que isto ou iso me di o meu cerebro. É cousa miña? A infelicidade que ten que soportar o meu corazón é culpa miña? Non creo que o resto do mundo teña culpa das miñas penas. Sintome moi diferente e só. Isto é hipocrita porque teño todo o que quero e non me merezco. Entonces. Penso. Que é necesario nesta vida para ser feliz? Que hai que facer? Non entendo, porque é todo tan complexo? Porque millóns de cousas invaden a miña mente e intento liberarme mediante isto contandoas todas xuntas e facendo que isto non teña significado. Como todo o que fago. Nun inicio moita ilusión. Unha vez que tes o que queres xa vai todo á merda, daste d econta de que todo é unha merda. Din que as cousas máis difíciles de lograr dan máis satisfacción. E eu; personalmente; dígovos que non! Tería que estar máis ca contento e orgulloso de todas as cousas que fixen nestes case 16 anos. Porque fixen moitas cousas e non son cousas que poida lograr calquera. E este verán logrei o impensable. Un soño de noite de inverno que se fai realidade para o curso que ven. Os soños por algo son soños. Son soños para seguir sendoo e non deixar de selo. Mais a pesar de lograr algo moi difícil….estou como se gañara un asqueroso caramelo de eucalipto. Por iso opino que da igual o que che custara lograr unha cousa, ou o que lograras, iso tamén da igual. Non teño autorealización. Para que quero seguir vivo e facendo cousas que non serven para nada? Que me fan sentir como se estivera morto. Esta vida é un soño pasaxeiro da igual todo. O único polo que sigo vivo e facendo cousas é por pasar o mellor posible este momento de “soño”. Pero por moito que fago este momento non deixa de ser amargo. Só se endulza a momentos. Supoño que para disfrutar deste momento de “soño” habera que ter en conta eses pequenos momentos, inda que só sexa para pasar un mellor momento aqui. Xa que estamos vivos….

E eu inocente de min, sigo a pensar que isto só son cousas que pasan nesta idade, que todo isto que pasa é pasaxeiro, cousa das hormonas. Ainda asi, seguirei soñando no que queira que sexa isto, total, que se perde? Perdese o tempo nesta vida? Pois non. Está aí, un tempo limitado, para que fagas con el o que queiras, inda que non importe o que fagas con el porque nada do que fagas vai valer nunca pa nada.

A vida é unha das cousas máis tristes que hai…

watch?v=ca-hBdCv75k&feature=related

A historia dunha historia?

Filed under: Lingua — 14 de Xuño de 2012 @ 5:45 p.m.

Ideas e ideais permanecen nunha loita imperturbable na nosa mente; ou polo menos na miña si. É tempo de combates. Nesta etapa da adolescencia temos innumerables pensamentos que surxen incontrolablemente e nos confunden. Respírase tanta hipocresía neses intres! Estos permanecen en loita continua, como fai o Galego para non se deixar asoballar polo seu inimigo. Eses pensamentos loitan por governar e ter influencia na maior parte do meu cerebro, da miña razón e maneira de pensar/actuar, loitan polos distintos espazos, só un pode facerse co poder e ser a base da nosa personalidade. O sortudo que se faga con esta permanecerá, case con toda seguridade, governando polo resto da miña existencia. Inda que sempre haberá momentos nos que haxa un cambio de governo e este por ser humilde convivirá co outro en paz e armonía. Isto podémolo tomar de exemplo referíndonos ao Galego, non sempre estará governando o castelán, se non que o Galego tamén se ha de impor e loitar polo que tanto estamos a traballar! Temos que lograr os nosos froitos. E seguindo coa imaxe das guerras…Estes conflictos estanse a librar continuamente na miña mente. Científicamente estarían nun BIG BANG-BIG CRUNCH (Inicio do universo-Fin do universo). Isto ocorre ata que un día, unha das ideas que combate por vencer recibe armamento de palabras por parte de terceiros. Non debemos de esquecer que estos terceiros tamén teñen as súas ideas, asique as que recibamos van a estar basadas nestas.(Isto significa uniformidade, como non, algo cada vez máis abundante hoxe en día). Ao ser unha idea de terceiros e estar tan popularizada enseguida a obedecemos, obedecémola mellor ca a nosos pais ou as normas. E xa a fodimos, se sempre nos din que cada un de nós é especial e diferente… Pois agora xa non son coma todos. Só unha cousa. Tedes cerebro. Utilizádeo! A cabeza pódevos servir para peinarvos e poñer chapeu, pero o cerebro só vos vai servir diso, asique… porque non usalo? Non a uniformidade. Necesitamos un criterio, que para ser iguais xa chegan os animais. E ti non es un deles, verdade meu? Pois nada, senon che quedou claro non lle hai que facer.

A miña mente?
Un universo continuamente en expansión e contracción.
Un universo en formación.
Que de outros colle información.
Mais ás veces hai que xuntar o mellor de cada sitio, mais isto só é se hai criterio.

Estou nunha loita.

Entrevista a Tonhito de Poi!

Filed under: Lingua — 22 de Maio de 2012 @ 4:57 p.m.

O prometido é débeda, e aquí está a entrevista co gran Tonhito de Poi! Agradecer, como non, a colaboración de Tonhito de Poi con nós.

-Mírese como se mire, sete anos é moito tempo. A vosa volta, pódese deber, entre outras cousas, á morriña de todos os sentimentos que vos producían as actuacións e o grupo en si?
 Si, por suposto que houbo moitos sentimentos que estaban no máis profundo de todos nós que querían saír. Foi tanto o que vivimos xuntos que merecía unha homenaxe compartir tantos anos de Rock and Roll. Sempre digo que un roqueiro é coma un can, cada 4 anos dun can fan 1 dun home, pois cada ano dun roqueiro en activo equivale a 4 dun ser humano normal; vivimos con moitísima intensidade cada acorde.
-Despois de sete anos da vosa retirada dos escenarios, cóntanos, como son as emocións e o contacto cos fans?
Se poidera narrar a emoción que sentín ó por o pe no escenario e ver a reacción da xente sería un Nobel de literatura.
-Cando comezastes  co grupo, eras capaz de imaxinar todo este éxito?
Comezamos no verán de 1992 e sinceramente sempre tivemos confianza en que íamos triunfar.
-A nivel persoal, que supuxo Heredeiros para ti ó longo da túa vida?
Si son Tonhito de Poi é por Heredeiros da Crus.
-De todo o voso repertorio, nós quedámonos con Radio cotilla ou Non quero nada de ti. Serías capaz de elixir unha das vosas cancións, aquela que máis che faga sentir e a que máis recordos che traia?
 Non, sinceramente non. É como se a un pai lle fas elexir cal é o seu fillo preferido.
-En todo o voso repertorio podemos atoparnos co seseo e ca gheada. Moitos artistas galegos cantan en castelán, sen embargo vós sempre mantivestes a propia lingua, a lingua galega. Plantearádelo ou xurdiu de maneira inconsciente?
 Foi inconsciente, non houbo premeditación, nin foi unha iniciativa. Cantamos como poidemos.
-O teu comezo no mundo da música foi producto do azar da vida, ou ti tiñas claro que o que querías era adicarte a iso?
Foi por un soño que tiven cando estaba embarcado. A partir de aí decidin aprender a tocar a guitarra a bordo e encanto tocaba 4 acordes cun pouco de xeito xuntei á banda.
 -Levas enriba unha gran traxectoria musical, pisaches miles de escenarios e estiveches en mil e un lugares diferentes. Algunha anécdota que che gustaría destacar de todos estes anos?
Unha pedrada que me deron en Ferrol e sacáronme nunha ambulancia ata o hospital, cando cheguei o médico quería ir ó concerto pero estaba de garda, así que canteille unha canción e regaloume un traxe de enfermeiro. Ó ano seguinte toquei con el no mesmo sitio e saíu a famosa frase: “Quen esté libre de pecado que tire a primera pedra, pero na última canción”
-A maioría dos galegos medramos co Xabarín, e polo tanto as cancións de Heredeiros tamén formaron parte da nosa infancia. Supoñemos que é difícil de explicar, pero que se sente sabendo que as vosas cancións son capaces de transmitirlle tanto a tanta xente?
É emocionante que cantes as túas cancións e que che traten con tanto cariño.
– Deixando un pouco de lado o pasado e centrándonos un chisco máis nesta nova traxectoria de Heredeiros, como ves o futuro do grupo? Tedes xa algún proxecto entre mans?
Nunca falo demasiado do futuro, de momento imos concerto a concerto e xa veremos. De todas formas imos sacar o concerto en DVD este verán e para o natal sacaremos outro DVD coa historia do grupo. O novo disco xa é outro cantar.
-Que lles dirías a todos os cativos que comezan coa música e agardan chegar lonxe?
Que non agarden que quen espera desespera. Que toquen e que vivan cada tema coma se fose o último que fixeran e ese acorde deixara un eco na eternidade.
-E xa para rematar, darche as grazas por toda a túa axuda e colaboración. As túas últimas palabras queremos que lle las adiques aos teus fans, que viviron, e seguirán vivindo, toda a traxectoria de Heredeiros con gran intensidade.
A Saúde é o solar da alegría.

Herdeiros da Crus!

Filed under: Lingua — 2 de Febreiro de 2012 @ 8:47 a.m.

Como ben vos puidestes dar conta, o nome do noso blog, o de “íscalle” e o de “de Jalisia ó estranxeiro”, puxémolo inspirándonos no grupo de rock galego, Herdeiros da Crus. Nesta entrada ímosvos falar un pouquiño da súa gran traxectoria. Esperamos ter proximamente unha entrevista con Tonhito de Poi, para falar do galego e da súa volta aos escenari0s. Asique non nos perdades ollo e andade atentos ó buscador de jujel.

Os inicios da vida de Tonhito de Poi comezaron no mar, coma calquera outro fillo desta Galiza, el estivo durante 5 anos no mar, exercendo o posto de patrón maior do barco, mais un día… deuse de conta de que o seu non era só traballar as forzas do mar, senon tamén a música! Visto isto naceu Herdeiros da Crus, un grupo que revolucionou e innovou o rock galego. Logo de doce anos neste mundillo e de ter lanzado oito discos, cambiou Herdeiros de Crus por A Banda de Poi, que deu lugar a un disco. Aparte disto participou en programas e series da TVG, sendo tamén guionista de cando en cando. Mais a nova é a seguinte: Herdeiros da Crus voltará aos escenarios e nós estaremos aí para entrevistalo e saber esta nova con todo tipo de detalles. (Iremos publicando as preguntas da entrevista e mais tarde teredes as respostas se andades a espreita).

Herdeiros da Crus é un grupo de rock galego. Caracterízase por empregar, nas súas cancións, o seseo e a gheada, o galego popular, chegando algunhas veces ao castrapo. Este grupo esta formado por uns peculiares persoaxes:

 * Javi Maneiro Voz
* Antonio Novo Suárez “Tuchiño” Guitarra
* Tonhito de Poi Guitarra rítmica, voz
* Francisco Javier Velo Cambeiro “O Jran Fran” Baixo
* José Manuel Santamaría Medín Batería

 

Outros compoñentes temporais:

* Marcos Otero Batería (2000−2003)
* Pedro Rodríguez Batería (2004−2005)