Íscalle Lingua

De Jalisia ó estranxeiro.

A historia dunha historia?

Filed under: Lingua — 14 de Xuño de 2012 @ 17:45

Ideas e ideais permanecen nunha loita imperturbable na nosa mente; ou polo menos na miña si. É tempo de combates. Nesta etapa da adolescencia temos innumerables pensamentos que surxen incontrolablemente e nos confunden. Respírase tanta hipocresía neses intres! Estos permanecen en loita continua, como fai o Galego para non se deixar asoballar polo seu inimigo. Eses pensamentos loitan por governar e ter influencia na maior parte do meu cerebro, da miña razón e maneira de pensar/actuar, loitan polos distintos espazos, só un pode facerse co poder e ser a base da nosa personalidade. O sortudo que se faga con esta permanecerá, case con toda seguridade, governando polo resto da miña existencia. Inda que sempre haberá momentos nos que haxa un cambio de governo e este por ser humilde convivirá co outro en paz e armonía. Isto podémolo tomar de exemplo referíndonos ao Galego, non sempre estará governando o castelán, se non que o Galego tamén se ha de impor e loitar polo que tanto estamos a traballar! Temos que lograr os nosos froitos. E seguindo coa imaxe das guerras…Estes conflictos estanse a librar continuamente na miña mente. Científicamente estarían nun BIG BANG-BIG CRUNCH (Inicio do universo-Fin do universo). Isto ocorre ata que un día, unha das ideas que combate por vencer recibe armamento de palabras por parte de terceiros. Non debemos de esquecer que estos terceiros tamén teñen as súas ideas, asique as que recibamos van a estar basadas nestas.(Isto significa uniformidade, como non, algo cada vez máis abundante hoxe en día). Ao ser unha idea de terceiros e estar tan popularizada enseguida a obedecemos, obedecémola mellor ca a nosos pais ou as normas. E xa a fodimos, se sempre nos din que cada un de nós é especial e diferente… Pois agora xa non son coma todos. Só unha cousa. Tedes cerebro. Utilizádeo! A cabeza pódevos servir para peinarvos e poñer chapeu, pero o cerebro só vos vai servir diso, asique… porque non usalo? Non a uniformidade. Necesitamos un criterio, que para ser iguais xa chegan os animais. E ti non es un deles, verdade meu? Pois nada, senon che quedou claro non lle hai que facer.

A miña mente?
Un universo continuamente en expansión e contracción.
Un universo en formación.
Que de outros colle información.
Mais ás veces hai que xuntar o mellor de cada sitio, mais isto só é se hai criterio.

Estou nunha loita.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.