Íscalle Lingua

De Jalisia ó estranxeiro.

Búscase a ilusión de Álex Castiñeiras

Filed under: Álex e as súas cousas — 18 de Agosto de 2012 @ 11:29

Que é  a ilusión? A ilusión por algo, estar ilusionado, que é?  Según o dicionario unha ilusión é algo irreal, sen forma e que nos engana. Estar ilusionado é sentir ganas por que algo se realice. É esperar que ese algo che dea algo bo, que te faga sentir ben. Algúns din que a ilusión por alguén é o paso ao enamoramento. Mais eu penso que é un paso previo, que despois se une ao andar do enamoramento. Facendo asi, un ritmo compracente de corcheas, que te acompaña ata que o camiño se acaba.

A ilusión recorre un camiño co meu corazón. A todos nos pasa. Van marcando ese ritmo de corcheas durante toda a vida. Dependen un do outro. Se a ilusión se perde, de que vale que o corazón siga o camiño el só? Non vale de moito. Só para que estas verbas e outras sexan plasmadas no iscallelingua do blogaliza ata que o rego do olvido me leve xunto aos que “dormen” día a día.

Sinto que o corazón segue por un camiño sen razón de ser. Sen a razón que lle dá a ilusión. Cando notes que as pequenas ilusións diarias se esvaecen, REACCIONA! Non permitas que a ilusión se acabe de marchitar. Porque a última ilusión que se vai é a da vida. Ilusión por vivir. Se esa marcha……todo o malo que superaches volve. Non hai nada peor que sentir esta dor no peito. Esa dor que creia superada fai tempo, volveu. Esa dor que me fai sentir arrimado ao rego do olvido. Que se presenta inesperadamente  mentres disfruto ceando algo no “Galicia”  con Natalia, Noemi e Belén; ou mentres toco coa banda nunha noite estrelada en Sarandón. E iso faime sentir mal e ponme ao borde do rego.

Non sei porque a ilusión marchou e deixou só na súa andanza ao corazón. El só, marcando un ritmo como a contratempo, non pode seguir moito máis tempo adiante. E esta dor que sustituiu á ilusión nin moito menos lle axuda a seguir adiante. Fréao. Coma miña avoa me frea cando ando coa lengua solta.

Non hai ilusión, pero si hai desexo de que este verán acabe e a caida das follas deixe un chan fértil para que nazca unha nova vida, pero sempre mantendo as características que antes posuia a especie.

 

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.