Íscalle Lingua

De Jalisia ó estranxeiro.

I.E.S. Lluís Vives (ALEX)

Que faríades se non tivésedes calefacción, nin luz no voso instituto? Seguro que esixir contas ao instituto. Mais…. se este non dispoñera de cartos para costear todo o que é basico para nos? Manifestaríadesvos para que o goberno que puxo os recortes vos escoitase. Pois isto é o que fixeron no instituto nomeado de Valencia.  Os alumnos comezaron a manifestarse pacíficamente dende o 25 de Xaneiro, mais como nn lle facian moito caso, paraban o trafico nunha rúa durante 10 min. Asi estiveron durnate bastante tempo, alzando as súas voces, reclamando un mínimo que nos corresponde a todos os estudantes, empuñaron as súas mais fortes iras contra o verdadeiro inimigo , mais só para que este os escoitase e lles prestara un pouco de atención.

Nunha das manifestacións cotiás, o goberno decidiu esconderse mediante os gardas que mandou á manifestación. Este non gostaba de que continuaran as manifestacións, asique mandou aos seus súbditos a amedrentar aos rapaces, pensando que estes xa se retirarían vendo que non ía ser nada. Vendo que chegaran policias os alumnos comezaron a gravar o suceso cousa que non fixo moita graza e un deles apartou a quen estaba gravando e esta caeu. Aquí comezou todo, non sei se foron os alumnos que esaxeraron algo, mais eu creo que os culpables son os que se agochan, o goberno! Apartir de aquí armouse revuelo e as redes sociais falaron. Namentres os estudantes seguian a desembainar libros, palabras e voces os cordóns policiais tornaronse máis escuros e poderosos. De aquí derivaron moitas paradoxas. O mellor alumno academicamente recibiu un diploma que recoñecía a boa educación recibida. A min esto xa me parece unha tomadura de pelo, pois menos mal que ao que hai agora lle chaman boa. Entón, que sera a mala educación? Non ter escolas nin institutos? O resto dos alumnos españois uníronse a súa causa e fixéron manifestacións. O goberno está moi corrupto debido a crisis. Primeiro quere saldar a débeda externa e despois arranxar o pais se se da. Non se da de conta de que o pais que quere gobernar non durara moito se non ten estudantes ben cualificados para que traballen nel; Nunha das últimas manifestacións os alumnos fixeron unha roda que abarcou o centro. Uniron as súas mans, as súas voces. Estan a intentar perturbar con palabras o lugar do verdadeiro inimigo, non a porrazos como fai el, “os policias” (vamos, o goberno). Asique se vos vedes no caso alzade a arma mais potente e menos dañina. A palabra.